miércoles, 19 de junio de 2013

Sons da terra e do pasado.

Supoño que son un iluso e un fachendoso arrogante ó tratar de escribir un poema en galego, cando fai só dous meses escasos que comecei falalo de maneira habitual. Nembargantes facíame ilusión escribir algo neste idioma que me parece sencillamente fermoso e agradábel ó oído. Por suposto atopeime con moitos problemas, principalmente a falta de vocabulario, e sospeito que colóuseme algún castelanismo ou algún outro erro. En fin, o resultado final do poema non o teño claro nin eu. Comecei tratando de falar desta terra que tanto me impresiona, pero non me saían as palabras e ó final sempre acababa virando ás miñas experiencias persoais e ás miñas vivencias. Finalmente deixeime levar e escribín segundo viñan as palabras á miña cabeza. O producto da miña "abstracción" foi isto, e nin eu sei o que quero transmitir o representar.

Sons da terra e do pasado

Onde se bican o mar e a montaña
E os bosques cantan nanas ó olvido
Onde a choiva acompaña ás notas
Do son da miña terra, terra de frío

Recordo tardes chuviosas en Castrelos
Estraño días perdidos de ledicia
Saltando charcos de barro e silencio
Aínda non espertara do mundo da mentira

Anacos de recordos surcan a miña mente
Ledas tardes de verán na fermosa Arousa
Praias furtivas e bosques de amistad inocente
Xogos e e travesuras nas rúas e costas

Tardes da miña adolescencia nas praias de Vigo
Primeiros amores, primeiras desilusións
Noites de paixón e noites de insomnio
Ó final nada durou, só quedou o frío

Terra fría, fermosa e indoente
A milenaria e húmida Compostela
Aprendendo a camiñar de frente
Aprendendo a vivir nestas rúas estreitas

Aprendín a amar unha terra
Unha terra de montes e retranca
Sempre cunha canción na testa
E a liberdade coma meta

No hay comentarios:

Publicar un comentario